O próximo venres 23 de abril conmemoraremos un ano máis no colexio o Día do Libro. Os alumnos de Secundaria terán a oportunidade de asistir vía telemática a unha charla coloquio coa escritora Alba Carballal.
Alba, exalumna do noso colexio, é, ademáis, arquitecta por la Universidad Politécnica de Madrid e estudou Dereito na UNED. Redactora e guionista en diferentes medios de comunicación, acadou en 2016 unha beca da Fundación Antonio Gala para Jóvenes Creadores o que lle permitíu escribir e publicar na Editorial Planeta a súa primeira novela, Tres maneras de inducir un coma.
Alba falará cos alumnos de 3º e 4º da E.S.O. da súa traxectoria profesional e comentará cos alumnos de 1º e 2º os libros de Elvira Lindo Manolito Gafotas e a adaptación que está a facer para unha nova serie televisiva.
Así mesmo o Equipo de Biblioteca organizará una sesión de contacontos a cargo de Tatiana Matos para a etapa de Infantil e 1º e 2º de Primaria e un video informativo e actividades Plickers para o resto de cursos de Primaria.