Hoxe acercámonos ao Equipo de Plurilingüismo do colexio.
Os membros que forman este equipo son Cristina Díaz (coordinadora ESO), Noemí Taboada e Susana Casanova (coordinadora Infantil e Primaria).
Os obxectivos principais do equipo son:
- Fomento da pluralidade lingüística e cultural no noso centro educativo
- Promover o desenvolvemento dun currículo integrado das linguas
- Fomento da participación en proxectos europeos
- Planificación de estancias no estranxeiro (inmersións lingüísticas)
- Xestión da decoración do centro
Entre as actividades colexiais propostas polo equipo, dicir que este equipo informa e anima a que os membros da comunidade educativa realicen actividades en inglés, inmersións lingüísticas e participe activamente en proxectos europeos etwinning ainda que este ano, por mor da Covid-19 non se puideron levar a cabo este tipo de actividades.
Reunímonos unha vez ao mes para revisar e planificar as diferentes accións que temos programadas no noso plan anual.