Os estudantes de 3° de primaria do demostraron o seu amor polos animais ao unirse á Protectora de Animais e Plantas da cidade nunha xornada de formación e recadación de fondos.
Guiados polo desexo de mellorar a vida dos animais necesitados, os mozos aprenderon a importancia do coidado e a protección das nosas mascotas e animais rueiros. Pero a acción non se detivo aí xa que se lanzaron ás rúas de Lugo, acompañados de adorables cans do refuxio, para concienciar á comunidade sobre a situación dos animais abandonados e recadar fondos. Distribuíron folletos informativos elaborados por eles mesmos e compartiron historias conmovedoras sobre os animais que esperan un fogar.
Con numerosos cidadáns contribuíndo xenerosamente á causa, os alumnos lograron recadar fondos para comprar sacos de penso, axudando así a que os animais do refuxio reciban a alimentación e o coidado que merecen.