A semana do 9 de outubro diferentes cursos do colexio traballaron nas titorías o lema deste ano “Infancia e Pobreza” proposto pola Plataforma da Infancia para traballar en procesos de participación infantil e xuvenil.
O obxectivo é impulsar a participación do alumnado co fin de elevar a súa voz e asegurar que as súas demandas cheguen aos responsables do deseño e a execución das políticas que lles afectan.
Para facer efectivos estes procesos, favorécese que os nenos, nenas e adolescentes poidan exercer o seu dereito para opinar e a ser escoitados como cidadáns de pleno dereito, contando con espazos adecuados que propicien o coñecemento e seguimento do cumprimento dos seus dereitos, de maneira que poidan contribuír coas súas propostas para mellorar a situación da infancia e adolescencia en España.