Todos os profesores do colexio pertencemos a un equipo de traballo no que estudamos, planificamos e organizamos as distintas actividades que levamos a cabo ao longo do curso no noso centro. Non todas as iniciativas teñen a mesma visibilidade polo que pouco a pouco iredes coñecéndonos. Hoxe acercámonos ao EQUIPO DE COMUNICACIÓN
- Membros do equipo: Miguel Basanta, Belén de Vivero e Paula Prado
- Obxectivos principais do equipo: informar das novas colexiais e da Provincia Marista, dar difusión a eventos colexiais, publicar artigos de interese educativa… en definitiva estar presentes nas RRSS e no mundo virtual sen descoidar os medios de comunicación tradicionais como a prensa escrita. Con isto pretendemos dar visibilidade das actividades levadas a cabo no colexio e doutras novas vencelladas á educación entre as familias.
- Actividades colexiais propostas polo equipo: o equipo anima a que os membros da comunidade educativa publiquen os traballos realizados así como as novas de interese que se producen nos seus diferentes campos. O Equipo de Comunicación somos os que xestionamos as publicacións.
- Tempos de traballo: reunímonos unha vez ao mes para revisar e planificar as diferentes accións que temos programadas no noso plan anual.