O venres 16 de setembro, o alumnado e profesorado da ESO puido desfrutar da tradicional xornada de acollida. Un día fóra da aula, no fermoso entorno natural que nos ofrece a nosa cidade, para traballar con diferentes dinámicas, algunhas de coñecemento persoal e outras que serven para establecer vínculos cos novos compañeiros e compañeiras deste curso.
Despois dun par de anos nos que esta xornada se vía moi afectada, podemos dicir cun sorriso ben grande que este ano sí foi unha xornada de 10!