Os alumnos e alumnas de Secundaria do colexio gozaron o pasado venres dunha xornada de benvida para celebrar o inicio dun novo curso académico. Unha forma diferente de comezar o curso, con andaina e diversas dinámicas de grupo e xogos para propiciar o achegamento entre os xoves. O obxectivo dobre desta xornada é a de dar tempos e espazos para que cada un conecte consigo mesmo pero tamén co grupo co que compartirán moitos momentos ao longo do curso coa fin de afianzar lazos que favorecen a convivencia.