O pasado martes 16 de maio celebramos a Xornada da Cultura Galega en Maristas Lugo.
A primeira parte da xornada foi aproveitada polo alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria para coñecer xogos tradicionais da nosa comunidade de mans da Asociación Xotramu.
A partir das 12 tivo lugar a celebración central da xornada na que participaron todos os alumnos e alumnas, persoal de administración e servizos, profesorado e familias. Aproveitando a conmemoración do Día das Letras Galegas, deu comezo o acto lembrando á figura do homenaxeado, Francisco Fernández del Riego, a través dunhas lecturas dinamizadas por alumnado de ESO. A continuación chegou o momento de despedir ao inverno e dar a benvida á primavera espertando aos Maios grazas á música e ao baile do alumnado de tradirecreos. Ademáis, este alumnado agasallou ao público cunha fermosa peza de danza de fitas e Andrea e María, dúas alumnas de 4º ESO, cantaron a canción de Tanxugueiras “Albedrío” para animar a celebración. Chegou logo o momento no que se convidou a toda a comunidade educativa alí presente a participar do festexo cun baile conxunto. Para rematar, alumnos e alumnas de 4º ESO fixeron un fermoso ramo como ofrenda á Boa Nai que tan presente temos neste mes de maio.
Un ano máis, unha xornada chea de cor e alegría para celebrar as nosas letras e a nosa cultura.