Maristas Lugo culminou este sábado 27 de maio unha semana de actividades que xiraron en torno ao lema A auga sucia non se pode lavar proposto pola ONGD SED na xa coñecida como Semana SED. Todo o alumnado do centro, das diferentes idades, participou en diversas actividades (charlas, proxeccións…) nas que coñeceron de primeira man as carencias e necesidades dalgunhas comunidades nas que SED desenvolve a súa acción. O lema permitiu achegarnos a outras realidades e á nosa propia, así como á responsabilidade que temos como seres humanos que habitamos a Terra para o coidado da mesma.
A campaña concluiu o pasado sábado coa celebración do Bocadillo e Deporte Solidario, unha xornada de convivencia na que participaron máis de 200 persoas entre alumnado, familias e profesorado. A recaudación de fondos para a ONG Marista conseguiuse grazas á participación en diferentes deportes e outras actividades, a compra do bocata ou a adquisición de manualidades, libros, roupa de segunda man, bolsas eco2sociais, artigos de SED…
Damos as grazas á colaboración prestada por todos os asistentes e tamén colaboradores que por diferentes causas non puideron asistir á xornada. Cos fondos recaudados damos un impulso ao proxecto Horizontes al futuro en Comayagua (Honduras).