O alumnado de 6º de primaria visitou hoxe 14 de xaneiro a Bilbioteca Pública de Lugo. Nunha primeira parte expúxoselles aos alumnos a posibilidade de utilizar a plataforma GaliciaLe de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas de Galicia. Nun segundo momento os alumnos tiveron a oportunidade de visitar as salas das coleccións privadas Menacho e Montenegro. Tendo a posibilidade de ver distintos exemplares de libros antigos manuscritos e ler os artigos dunha edición especial da Constitución Española firmada polos pais da Constitución.
17
May
Celebración do Día das Letras Galegas e Os Maios 2023