Parece que foi onte cando daba comezo o curso 2020-2021 e xa está rematando o primeiro trimestre. O comezo de curso non foi doado pois a incerteza de como ían transcurrindo os acontecementos acompañounos día tras día. Con algún susto que outro pero moito traballo, coidado e colaboración de todos e todas, facemos un balance positivo destes meses. Isto danos forzas para seguir con moito máis ánimo despois deste descanso que agora toca.
Desexamos que ao longo destes días, cada unha das nosas casas sexa un fogar de Luz e que o nacemento do Neno Xesús sexa o centro dunha celebración humilde, sinxela, compartida coa familia máis cercana, pero unha celebración chea de Vida e de esperanza.
Bo Nadal e un próspero ano 2021