“Los alumnos que no compiten tienen una mejor salud mental” (David Johnson)
O traballo cooperativo baséase na interacción entre as persoas, na colaboración, responsabilidade individual á hora de aportar ao grupo, responsabilidade grupal á hora de planificar e enfrontarse a una tarefa que precisa das achegas de todos/as, traballar as habilidades sociais ao tempo que se desenvolven contidos curriculares…
O traballo cooperativo axuda a unha mellor convivencia, a acadar aprendizaxes con maior profundidade e a traballar pensamentos de alta complexidade, sempre coa colaboración dos membros do grupo para asumir retos colectivos partindo da responsabilidade individual.
Elementos do cooperativo:
-
Agrupamentos heteroxéneos.
-
Interdependencia positiva.
-
Responsabilidade individual.
-
Igualdade de oportunidades para o éxito.
-
Interacción promotora.
-
Procesamento cognitivo da información.
-
Utilización de habilidades cooperativas.
-
Avaliación grupal.
Por que?
- Porque a cooperación é necesaria para una sociedade máis xusta.
- Porque axudando e explicando a outras persoas, todos/as aprendemos máis (taxonomía de Bloom).
- Porque o noso proxecto educativo de centro inclúe a educación en habilidades sociais, fundamentais para a vida.
- Porque cremos no poder da unión entre as persoas. Colaborar enriquece.
- Porque a aprendizaxe comeza coa emoción, e xuntos/as sentímonos mellor, xa que somos parte dun grupo.
Para que?
- Para traballar as habilidades sociais xunto cos contidos das materias
- Para aprender a escoitar de forma activa
- Para aprender a compartir
- Para ser quen de expresar ideas e que as entendan outras persoas
- Para adquirir autonomía e responsabilidade individual e grupal
- Para aprender a organizar o traballo
- Para cumprir a tríada cooperativa, que nos será moi útil na nosa vida: interdependencia positiva, participación equitativa e responsabilidade individual
Para saber máis…
- ¿QUÉ ES EL APRENDIZAJE COOPERATIVO? DEFINICIÓN Y ELEMENTOS ESENCIALES (EdInTech)
- El aprendizaje cooperativo: beneficios para los niños (web hacer familia)
- Entrevista a David Johnson
- LOS NUEVOS CÍRCULOS DE APRENDIZAJE: COOPERACIÓN EN EL SALÓN DE CLASES Y EN LA ESCUELA (David W. Johnson, Roger T. Johnson, Edythe y J. Holubec)
- Aprendizaje cooperativo formal
- Aprendizaje cooperativo informal
- FUNDAMENTOS DEL APRENDIZAJE COOPERATIVO (Francisco Zariquiey Biondi)