Este curso comezamos a traballar desde o noso marco eco2social para concienciar sobre a necesidade de protexer a natureza e facer do noso cole un lugar de referencia en canto a reciclaxe e xestión ambiental. Para iso contamos con colaboradores/as excepcionais. Temos delegados/as ambientais en cada aula!
Que é o que fan?
- Velar polo aforro enerxético (controlar o encendido e apagado das luces, ordenador e PDI…)
- Controlar o uso racional do papel
- Controlar a selección de residuos (reciclaxe e baleirado)
- Achegar ideas para acadar os obxectivos eco2sociais
- Asistir ás reunións eco2sociais e transmitir á clase os temas tratados, recollendo ademais as súas achegas
- Xestionar os residuos para o baleirado dos colectores da clase.
Co obxectivo de axudar aos máis pequenos, cada delegado/a ambiental ten asignado un grupo e debe ocuparse da retirada da bolsa de residuos cando lle dean o aviso de que está chea. O alumnado tira os residuos á saída, xa que na rúa da porta principal existen colectores de plástico e papel.
Os maiores van á clase dos pequenos e así non quedan envases sen reciclar cada día, despois da merenda. O seu traballo é moi importante para manter limpo o colexio e para concienciar aos máis pequenos sobre a necesidade de reciclar.
Somos maristas, somos eco2sociais.