Nos últimos anos foise xubilando unha xeración de educadoras e educadores que deixaron unha pegada moi importante no noso colexio, non só no alumnado senón entre os compañeiros de profesión. Hoxe tratamos de manter a sinxeleza, a presencia, a proximidade, o amor ao traballo e o espírito de familia en parte grazas a eles que souberon, co seu exemplo, guiarnos polo camiño que marcou San Marcelino Champagnat.
Esta semana vimos de recibir unha carta moi emotiva dunha destas profesoras, María Tálida Tovar Rodríguez, a nosa Marita. É tan emocionante que non podemos mais que compartila e dicirlle que as grazas dámosllas nós por tanto que nos ten dado.