Chegou a Semana SED!
As actividades solidarias promovidas pola ONGD Marista SED e o Equipo Colexial de Solidariedade terán como destino nesta ocasión a colaboración con proxectos de desenvolvemento en Honduras, El Salvador, Zambia e Mozambique co obxectivo de axudar a garantir o acceso universal a unha educación de calidade, equitativa e inclusiva.
A parte do traballo que levaremos a cabo co alumnado nas titorías e no tempo de amencer diario, invitamos ás familias a participar nunha marcha solidaria virtual e simbólica cos conviventes, percorrendo xuntos parte da distancia entre España- Honduras:8439 kms/ España- Guatemala:8584kms/ España- Zambia: 7401kms. Con este xesto queremos axudar ás familias con nenos que atravesan dificultades económicas. O noso obxectivo é proporcionarlles educación, comida e aloxamento. Máis información na web da ONGD SED e no anuncio enviado polo Equipo de Solidariedade a través da plataforma GlobalEduca.
Temos a esperanza de que xuntos axudemos a moitos e, sobre todo, a fomentar que os nosos alumnos sexan máis sensibles e empáticos cos problemas dos demais.