A protección dos menores é un compromiso da Provincia Marista Compostela e en particular do noso colexio.
O maltrato a un neno ou a unha nena implica unha desprotección, que se produce cando o menor se atopa nunha situación na que non están a cubrirse as súas necesidades fundamentais e se vulneran os seus dereitos básicos. Unha situación de maltrato pode darse no entorno familiar, escolar (dun adulto sobre un menor ou entre iguais), en redes sociais…
Baseándonos nisto, preparamos as nosas titorías de información e prevención durante esta Semana de Protección á Infancia.
Ademáis, este curso, poñemos en marcha o Espazo Contigo, un lugar onde, de maneira confidencial trátanse co alumnado que o solicite, temas relativos á Protección á Infancia. Ubícase este espazo na planta baixa, na sala que está ao lado da Xefatura de Estudos de Primaria. Cristina Villar, do Departamento de Orientación, estará atendendo este espazo os xoves de 13:00 a 14:00 h.