“La verdadera educación no sólo consiste en enseñar a pensar, sino también en aprender a pensar sobre lo que se piensa y este momento reflexivo (el que con mayor nitidez marca nuestro salto evolutivo respecto a otras especies), exige constatar nuestra pertenencia a una comunidad de criaturas pensantes”.
Fernando Savater
As rutinas de pensamento consisten en preguntas ou afirmacións abertas que xeneran diferentes formas de pensamento nos estudantes e facilitan a compresión e a aprendizaxe na aula. Ron Richhart, Mark Church e Karin Morrinson, colegas de Gardner en Proyecto ZERO, no seu libro MAKING THINKING VISIBLE, clasifícanas en torno aos procesos claves no desenvolvemento e aprendizaxe dun tema na clase:
– Rutinas para introducir e explorar ideas.
– Rutinas para sintetizar e organizar ideas.
– Rutinas para profundizar nas ideas.
Por que?
Porque é necesario aprender a organizar o noso pensamento para chegar a elaborar ideas complexas partindo da observación e a interpretación do que nos rodea.
Porque así analizamos e aplicamos, fixámonos nos detalles do que vemos e do que escoitamos e integrámos a información no noso pensamento para establecer a base do coñecemento.
Aprendemos a pensar. Organizamos as ideas. Sacamos información do que observamos, vemos, lemos ou escoitamos.
Para que?
Para xestionar o pensamento deseñando modelos de conduta que permiten utilizar a mente para razoar e reflexionar. Diriximos o noso pensamento orientándoo para conseguir un resultado concreto.
Para…
- Razoar con evidencia: Por que pensas así?
- Facer conexións: Como concorda co que xa coñeces?
- Descubrir o complexo: Que hai debaixo da superficie?
- Considerar diferentes puntos de vista: Podes velo desde outro ángulo?
- Preguntar: Que che causa curiosidade?
- Describir o que hai: Que observas e advirtes?
- Captar a esencia e sacar conclusións: Que hai no núcleo ou centro disto?
- Construír explicacións: Que está ocorrendo realmente?
Para saber máis…
https://es.slideshare.net/Clamata/rutinas-de-pensamiento-13500935