Este ano os cursos de 5º e 6º de Primaria embarcámonos nun novo proxecto de robótica. Gracias ao proxectro WeDo 2.0, o nosos alumnado dará os seus primeiros pasos construindo e programando robots.
WeDo 2.0 é a solución de robóticade LEGO Educatio ideal para iniciarse na programaicón en Primaria. Facilita a aprendizaxe STEAM combinando unha gran variedade de pezas e modelos de robots, un software de programación por bloques e divertidas actividades educativas.
As ferramentas que proporcionan os proxectos GO STEAM de Edelvives desarrollan no alumnado habilidades e competencias do século XXI e introduce o STEAM no currículo.
Os obxectivos principais para este cambio educativo son ofertar ferramentas innovadoras e actuais que renoven e cambien a perspectiva de materia tradicional cara un cambio educativo innovador. Así como xerar coñecemento sobre prácticas educativas avanzadas, en particular, metodoloxías de traballo globalizado interdisciplinar e avaliación competencial.
Para iso aplicaremos esta metodoloxía nas aulas de 5º e 6º de primaria, facendo así o currículo máis atractivo ao alumnado, promovendo unha maior motivacion e implicación e fomentando habilidades e competencias necesarias para o seu desarrollo tanto persoal como profesional.