Xa están aquí os recreos alternativos para preparar o Nadal!
Despois do Samaín, agora queremos prepararnos para recibir o Nadal como merece. Por iso, ofrecemos ao alumnado da ESO a posibilidade de utilizar o recreo do luns para preparar adornos de Nadal na aula de plástica coa profesora Ruth e os martes, preparación de cantigas tradicionais de Reis e Nadal con percusión tradicional (pandeireta, pandeira, pandeiro, almirez, cunchas…).
Se vos presta, podedes apuntarvos no listado que puxemos nunha das columnas do patio.
Comezamos o día 11 e rematamos en decembro.
Animádevos!