A finalidade desta campaña é a colaboración coa Asociación Lucense de Enfermos do Ril: Alcer. A cantidade obtida irá destinada á investigación do síndrome de Dent, unha enfermidade rara que causa graves danos nos riles. Despois entregarase no hospital Vall d’Hebrón e Candelaria.
A partir do mércores 24 de febreiro comezaremos a campaña. Deixaremos un contedor en cada un dos patios cubertos para que o alumnado ó chegar deposite neles a bolsa cos tapóns no lugar que lle corresponda na entrada ó colexio. En infantil serán as familias as que o farán.
Só haberá un día á semana para esta recollida, que será tódolos mércores durante as entradas da mañá. Ese mesmo día un membro da asociación os recollerá.