Podo APRENDER. Podo TRABALLAR
Baixo o lema “Podo aprender. Podo traballar” este ano o movemento asociativo do autismo centra a atención en torno a dous eixos fundamentais para a mellora da calidade de vida das persoas con TEA: o acceso a unha educación e a un emprego de calidade que se adapte ás capacidades, prioridades e necesidades específicas de cada persoa con TEA.
Desde MarCha promovemos o crecemento persoal, social e transcendente, nun mundo onde cada persoa poida desenvolver as súas capacidades ao máximo. Por iso, con esta campaña buscamos aumentar a concienciación sobre o autismo e promover unha mellor comprensión do trastorno para incluír e apoiar ás persoas con TEA.
.
E ti, anímaste a participar?
Escolle unha ferramenta que represente unha das túas habilidades e suxéitaa coa man. Fai unha foto e compártea nas túas redes sociais co cancelo #DiaMundialAutismo.
.
@marchacompostela #DiaMundialAutismo
28
Oct
A experiencia Montagne lévanos ao significado da axuda, do apoio mutuo e do amor ao...