Con motivo da conmemoración do Día Universal dos Dereitos da Infancia, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia, organiza un proceso participativo para nenos, nenas e adolescentes para a formación, toma de conciencia e divulgación dos seus dereitos recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno das Nacións Unidas.
Baixo o lema “PARTICIPAMOS! É O NOSO DEREITO” a pasada semana, o alumnado da ESO estivo a traballar nas sesións de titoría coas dinámicas “Facendo historia”, “Cambia a perspectiva” ou “A receita da participación”. Recolleronse as súas reflexións e propostas que xa están en mans da organización e serán achegadas aos responsables das políticas de infancia estatais e de Galicia en diversas conmemoracións que terán lugar na semana do 20 de novembro en coordinación coa Xunta de Galicia.