O próximo 20 de novembro celébrase o Día Universal dos Dereitos da Infancia, que recollen entre outros o “Dereito a xogar”. É un bo momento para exercitar o músculo da solidariedade. Un ano máis, lanzamos a campaña “XOGUETE SOLIDARIO”.
Consiste en aportar xoguetes que, aínda que xa foran usados, atópanse en bo estado. Cremos que pode ser un bonito xesto de colaboración e de gran valor educativo para os nosos fillos e fillas.
Todos os xoguetes serán enviados ao BANCO DE ALIMENTOS, xa que teñen un maior coñecemento da realidade das familias lucenses e máis facilidades para a súa distribución.
Os xoguetes recóllense nas aulas os días 21,22 e 25 de novembro (por favor, nin antes nin despois desa data). Todo debe estar empaquetado e en bo estado. É importante que no paquete se especifique qué clase de xoguete é (puzle, coche, muñeca,….), así como a idade recomendada para o seu uso.
Gracias pola vosa colaboración.