O alumnado de 1º E.S.O. comeza non só unha nova etapa, se non tamén un novo reto educativo. Deixan a un lado as pesadas mochilas cheas de libros para portar diariamente os seu ordenadores Chromebook.
Traballan a diario nas diferentes materias con libros de texto dixitais tendo a oportunidade de aprender a aprender ampliando información, empregando recursos TIC e usando diversas aplicacións sen esquecer as habilidades de escritura, debuxo, cálculo…
Nestes novos tempos, o colexio decide camiñar do lado da xuventude, apostando por esta aprendizaxe máis tecnolóxica, motivadora e de futuro.