En consonancia cunha das principais apostas deste colexio, a aprendizaxe mediante o traballo por proxectos, o alumnado de 3º de Primaria está inmerso no proxecto eco2social «O diario de Berta» que pon o seu foco na inclusión a través dun maior coñecemento da Síndrome de Down.
Berta é unha misteriosa exalumna que deixou pistas polo colexio sobre o seu día a día na escola como nena con Síndrome de Down. A través das materias de Educación Física, Lingua Castelá, Naturais e Inglés os rapaces e rapazas descobren como fomentar a inclusión e os hábitos de saúde e benestar.
Ademais, neste proxecto non só participan profesorado e alumnado, se non que tamén se inclúe a persoal de servizo do centro, como Chus, unha traballadora do colexio con Síndrome de Down e tamén implica a familias e conta coa colaboración da Asociación Down Lugo.
Animámosvos a seguir todas as andanzas do alumnado de 3º Primaria guiado por Berta nas redes sociais do colexio!