Noticias

I CONCURSO CALENDARIOS DE ADVIENTO

Debido al gran éxito de convocatoria que tuvo el concurso de calabazas, lanzamos el "I CONCURSO DE CALENDARIOS DE ADVIENTO".

Elabora en familia el calendario más original, único y ecológico. Vive el adviento de forma creativa.

El concurso está organizado por el EDLG (equipo de dinamización da lingua galega), el equipo ERE (equipo de enseñanza religiosa escolar) y el ANPA del colegio. Los premios consisten en entradas para ver un partido de baloncesto en familia.

Almorzos saudables 19-20 (25 e 26 de novembro)

Un ano máis, os nenos de 1º e 2º de primaria participarán na campaña "Almorzos saudables". 

A finalidade desta actividade é previr enfermidades cardiovasculares, a obesidade infantil e outros déficits nutricionais presentes na nosa sociedade, así como instaurar e promover hábitos correctos de alimentación.

Operación Xoguete 2019

O próximo 20 de novembro celébrase o Día Universal dos Dereitos da Infancia, que recollen entre outros o “Dereito a xogar”. É un bo momento para exercitar o músculo da solidariedade. Un ano máis, lanzamos a campaña “XOGUETE SOLIDARIO”.

Consiste en aportar xoguetes que, aínda que xa foran usados, atópanse en bo estado. Cremos que pode ser un bonito xesto de colaboración e de gran valor educativo para os nosos fillos e fillas.

Día Mundial da Diabetes

Hoxe, día 14 de novembro, celébrase el Día Mundial da Diabetes. Nos amenceres abordamos o tema e contamos coa participación dos alumnos que conviven coa diabetes en primeira persoa ou a través de familiares. 

A OMS seleccionou o 14 de novembro co gallo do nacemento de Frederick Banting,  o descubridor da insulina.

Na nosa cidade, a Deputación Provincial súmase á conmemoración iluminando a fachada con luces led de cor azul.

HOXE CON NÓS O EQUIPO DE COMUNICACIÓN

Todos os profesores do colexio pertencemos a un equipo de traballo no que estudamos, planificamos e organizamos as distintas actividades que levamos a cabo ao longo do curso no noso centro. Non todas as iniciativas teñen a mesma visibilidade polo que pouco a pouco iredes coñecéndonos. Hoxe acercámonos ao EQUIPO DE COMUNICACIÓN

 

Modelo educativo: Grupos base

Que son os grupos base?

Os grupos base son unha forma de traballo cooperativo. Trátase de grupos con 4 ou 5 membros que se constitúen ao inicio de cada curso co obxectivo principal de que cada alumno teña sempre os mesmos compañeiros para compartir e resolver dúbidas académicas e inquietudes persoais.

RECREOS ALTERNATIVOS NA ESO - O NADAL

Xa están aquí os recreos alternativos para preparar o Nadal!

Despois do Samaín, agora queremos prepararnos para recibir o Nadal como merece. Por iso, ofrecemos ao alumnado da ESO a posibilidade de utilizar o recreo do luns para preparar adornos de Nadal na aula de plástica coa profesora Ruth e os martes, preparación de cantigas tradicionais de Reis e Nadal con percusión tradicional (pandeireta, pandeira, pandeiro, almirez, cunchas...).

Se vos presta, podedes apuntarvos no listado que puxemos nunha das columnas do patio.

Modelo educativo: A metacognición

Que é a metacognición?


«Metacognición é o coñecemento dun mesmo relativo aos propios procesos e produtos cognitivos ou a todo o relacionado con eles».

John H. Flavell

 

 

Páginas