Que é a metacognición?
«Metacognición é o coñecemento dun mesmo relativo aos propios procesos e produtos cognitivos ou a todo o relacionado con eles».
John H. Flavell
Por que facemos a metacognición?
Porque permite aos nosos alumnos e alumnas recoñecer os seus propios procesos cognitivos, examinalos, organizalos e regulalos.
Buscamos que o alumnado sexa quen de controlar as estratexias metacognitivas e os procesos que interveñen na construción do seu coñecemento.
O importante non é ter boa memoria; faise preciso aprender a organizar os coñecementos e xerarquizalos.
Para que?
- Para facer conscientes aos alumnos das estratexias que empregan para aprender
- Para identificar as súas habilidades
- Para asociar e conectar os coñecementos previos e os novos
- Para recoñecer a utilidade do aprendido
- Para planificar os procesos cognitivos
- Para ser quen de reinventar o proceso de aprendizaxe noutras situacións
- Para recoñecer os seus progresos
Como o facemos?
A través de diferentes técnicas que nos chegan dos nosos influencers da educación. As escaleiras da metacognición ou o metacognify son bos exemplos das dinámicas que empregamos nas nosas aulas para reflexionar sobre o aprendido.