Cando San Marcelino Champagnat fundou o Instituto Marista, quixo que o mes de María fose un exercicio de comunidade e ordenou que se establecese a súa celebración en cada escola. Mesmo promoveu que, durante este mes, en cada casa, en cada familia, como en cada escola, erixísese un espazo (un pequeno altar) adicado á Virxe.
Ao comenzar o mes de maio e, como continuadores do soño de Champagnat, queremos prolongar o que el e outros comezaron e seguiron. Unha ocasión para reunirnos ao redor de María, para fixarnos especialmente nas súas virtudes e cualidades e ofrecerlle a homenaxe do noso agarimo e gratitude.
Feliz mes de maio! Feliz mes de María!