O noso colexio acadou un resultado extraordinario no torneo Lugo Debate 2026, proclamándose campión na categoría de Secundaria tras gañar todos os debates disputados ao longo da competición.
O evento, celebrado na cidade de Lugo, reuniu a numerosos centros educativos de toda Galicia nunhas xornadas marcadas polo intercambio de ideas, a argumentación e o respecto. O noso equipo destacou desde o inicio pola súa excelente preparación, a solidez dos seus argumentos e unha impecable capacidade de traballo en equipo, o que lles permitiu acadar a vitoria final de maneira invicta.
Ademais do éxito colectivo, o torneo deixou tamén importantes recoñecementos individuais para o noso alumnado. Pilar foi distinguida como segunda mellor oradora, na categoría de discursos, grazas á súa claridade expositiva, capacidade de persuasión e dominio escénico. Pola súa banda, Oriol recibiu o premio a mellor introdutor da ESO, destacando pola súa habilidade para abrir os debates con intervencións sólidas e ben estruturadas.
Como recompensa a este gran logro, o equipo gañador desfrutará dun viaxe a Bruxelas, onde terá a oportunidade de coñecer de preto as institucións europeas e comprender mellor a súa relación co debate, a toma de decisións e o diálogo democrático.