“Cando as fotografías históricas son introducidas en ambientes contemporáneos, abrimos xanelas sorprendentes ao pasado”.
Julien Knez
Na materia de Paisaxe, os alumnos de 2º de ESO atravesaron as fronteiras temporais para combinar imaxes históricas da nosa cidade con fotografías tomadas dende un ángulo semellante na actualidade.
O resultado convídanos a reflexionar sobre o paso do tempo; o que permanece e o que cambia nas paisaxes e nas sociedades.
As imaxes falan por si mesmas. A tarefa está inspirada no proxecto París, Fenetres sur I’Histoire do fotógrafo francés Julien Knez.