Hoxe achegámonos ao Equipo TIC do colexio.
Os membros que constitúen este equipo son Ana Losada, Irene Freije, Patricia Rivera, Pablo Losada e Miguel Ángel Fernández (coordinador).
Dende o Equipo TIC, deseñamos cada curso un plan coa intención de impulsar o emprego das ferramentas e dispositivos dixitais que faciliten a nosa labor. Ocupámonos da creación das contas de correo colexiais para o profesorado e o alumnado. Configuramos un entorno virtual para garantir a seguridade e protección na nosa contorna dixital. Desenvolvemos e organizamos diferentes accións formativas ao longo do curso. Dentro das nosas responsabilidades, está tamén a de asegurar o mantemento e correcto funcionamento dos dispositivo do centro. En definitiva, debemos facer que todo funcione.
Este curso, a petición do alumnado, impulsaremos accións relacionadas coa seguridade na internet. O tema seleccionado é froito das enquisas do proxecto europeo SELFIE que se desenvolveu durante o pasado curso. Propuxemos o 28 de xaneiro, xornada na que se celebra o Día da Protección de Datos, para concentrar algunhas destas actividades nos amenceres, titorías e nas diferentes materias.