Forman parte do Equipo de Orientación do noso colexio Marcos Machado, Irene Freije, Noelia López, Lucía Blanco e Cristina Villar.
Os principais obxectivos do equipo son:
- Garantir unha educación inclusiva e equitativa de calidade promovendo oportunidades permanentes de aprendizaxe para todo o alumnado.
- Desenvolver estratexias de intervención e medidas de apoio necesarias para detectar e atender as necesidades detectadas no alumando.
- Potenciar o traballo en equipo e coordinado dos docentes para fomentar estratexias de mellora que dean unha resposta axeitada as necesidades educativas existentes.
- Sistematización, análise e seguimento de apoios nas distintas etapas educativas.
- Fomentar o desenvolvemento do plan de orientación académico profesional proporcionando unha orientación individualizada e diversificada.
Algunhas das propostas feitas polo equipo son:
– Unha atención individualizada ás demandas de asesoramento que describan os titores.
– Colaboración cos titores no seguimento individual doso alumnos con dificultades de aprendizaxe ou que presenten problemas de adaptación proporcionándolles os recursos e os apoios necesarios: recoller información e datos do expediente académico, elaborar informes e realizar seguimentos.
– Atención as demandas de asesoramento e axuda que poida necesitar o alumnado dos diferentes cursos.
– Atención ás consultas e demandas que formulen os pais e nais no horario reservado a tal fin.
– Participación nas sesións de avaliación que correspondan, colaborando coa Xunta de Avaliación, do grupo correspondente, na toma de decisións sobre as medidas educativas máis axeitadas para dar resposta ás necesidades do alumnado.
– Colaboración co Equipo Directivo, titores e Equipo de Convivencia na resolución de conflitos nos que resulte oportuna a aplicación de procedementos de mediación ou intervención co alumnado implicado.
– Colaboración con institucións, servizos educativos, sociais e organismos que poidan colaborar na mellor formación dos alumnos ( EOE, Equipo de convivencia, ALAR, Juan Soñador etc.) como elemento mediador entre eles e o centro.