Hoxe acercámonos ao Equipo de Dinamización da Lingua (EDL)
-
Os membros que constitúen o equipo neste curso 2020/2021 son: Asun Tamaredo (Infantil). Pilar Tosar (Primaria), Nuria Felpeto (ESO), Laura Lage (PAS), Pablo Pedreira (alumno), Alejandro Rey (alumno) e Manuel Barreiro (Coordinador, ESO)
Os obxectivos principais do equipo:
- Fomentar a valoración da lingua galega como código válido para a comunicación, consolidando o seu uso na rede (web, blog, RRSS), potenciando a oralidade e consolidando que a primeira reunión mensual do profesorado se desenvolva en galego.
- Informar sobre a formación que oferte a administración ou outros organismos. sobre a lingua e a cultura galega.
- Dar a coñecer as nosas celebracións e tradicións, así como a figura de escritores galegos
- Colaborar con outros Equipos do centro e na ambientación do
- Difundir as Actividades do EDLG
As principais actividades propostas polo equipo para este curso son: coordinar o proxecto 21 días co galego e máis, organizar o día da cultura galega, enviar recursos ao profesorado para empregar na aula, promover e participar en concursos escolares (samaín, debates, Frei Martín Sarmiento, literarios, curtametraxes…) e elaborar e difundir recursos audiovisuais.