Todos os profesores do colexio pertencemos a un equipo de traballo no que estudamos, planificamos e organizamos as distintas actividades que levamos a cabo ao longo do curso no noso centro. Non todas as iniciativas teñen a mesma visibilidade polo que pouco a pouco iredes coñecéndonos. Achegámonos hoxe ao EQUIPO COVID, un equipo de recente creación por obriga administrativa. Estamos convencidos de que, nesta situación, é unha necesidade colexial e social. Membros do equipo: Marcos Rodríguez, Nuria Felpeto, Marcos Machado, Miguel Basanta e Paula Prado. Obxectivos principais do equipo: preparar os protocolos de centro para a adaptación do colexio á situación Covid-19 no curso 20/21; elaborar o plan de continxencia no caso dun abrocho que implique a unha aula, etapa educativa ou centro. O equipo Covid xestiona as medidas de prevencion fronte a Covid-19 e realiza un seguimento das mesmas. A súa vez, encárgase do seguimento das ausencias do alumnado por síntomas da Covid-19 e dá conta dos contactos estreitos dun posible positivo no colexio. Tempos de traballo: este equipo reúnese semanalmente, ainda que os membros están en continuo contacto.
05
Sep
Más de 700 docentes participan en la Jornada del Educador Marista