O pasado venres 14 de xuño, o noso colexio celebrou a graduación do alumnado de 4ºESO, un evento cargado de emocións onde despedimos unha nova xeración que pecha a súa etapa connosco. O acto foi un reflexo do lema que nos acompañou durante todo o curso: “Estás na casa”. A cerimonia contou con discursos nos que se subliñou a importancia de sentirnos parte desta gran familia que é o colexio e onde se resaltaron os logros e o crecemento persoal dos nosos estudantes ao longo destes anos. A celebración contou tamén cunha actuación musical que engadiu un toque especial e emotivo á tarde. A entrega de diplomas e insignias colexiais foi un dos momentos máis significativos, recoñecendo o esforzo e a dedicación de cada un dos graduados e graduadas.
Queremos agradecer ás familias e ao profesorado polo seu apoio constante e, especialmente, aos nosos alumnos e alumnas, por encher de vida, enerxía e alegría as nosas aulas. Felicitámolos pola súa graduación, desexámoslles todo o mellor nas súas futuras andainas e que aínda que esta etapa remata, o colexio sempre será a súa casa.