Un ano máis, organizamos no colexio a carreira solidaria Gotas UNICEF.
Durante case 50 anos, UNICEF e os seus aliados son defensores clave na defensa dos dereitos de nenos e nenas en todos os rincóns do mundo. A falta de instalacións de auga e saneamento nos centros educativos de varios paises é unha das principais causas de abandono escolar. Ademáis, moitos nenos e nenas faltan reiteradamente á escola por enfermidades relacionadas coa auga o que lles fai imposible levar un ritmo de aprendizaxe axeitado.
Como centro referente UNICEF, o noso colexio súmase a esta campaña recollendo fondos que axudarán a surtir de auga potable a aqueles que máis a necesitan. Un ambiciosos proxecto escolar con diferentes actividades e sesións de titoría para concienciar ao alumnado que finalizou cunha carreira solidaria o mércores 22 de marzo, Día Internacional da Auga. Os máis de 200 alumnos e alumnas da ESO cambiaron metros percorridos pola muralla por gotas simbólicas que se «mercan» co diñeiro recaudado polo propio alumnado entre os seus familiares e amigos. O diñeiro ingresarase na conta de UNICEF e destinarase a mellorar as condicións de vida dos máis desfavorecidos.
Grazas a todos e todas polo voso gran de area a esta causa! Porque somos Maristas e somos eco2sociais!