Porque a paz segue a ser una materia pendente, un ano máis, no colexio conmemoramos o Día Internacional da Paz e a Non Violencia cunha celebración no patio. Nun acto onde os maiores compartiron momentos xunto aos pequenos do colexio, houbo mensaxes de compromiso por parte de cada unha das clases, a lectura dun manifesto e tamén música e baile coa canción “Bajo el mismo sol”.
Nos días previos á celebración, as titorías de todos os cursos adicáronse a deseñar “A nosa Escola de Paz”, unha iniciativa promovida por UNICEF. Buscáronse espazos, grupos e momentos de paz dentro da escola e reflexáronse en muráis que decoran clases e corredores. Outra das iniciativas foi que cada alumno pintou una pluma para dar forma a un par de ás xigantes coas que se elaborou un photocall para festexar o día.
Preténdese desta maneira lembrar que PAZ significa moito máis que ausencia de guerras, é un concepto moito máis cercano, que ten que ver con todo o que se fai no día a día para previr calquera tipo de violencia e facer do colexio un lugar seguro, un lugar de paz.