Grazas ao Marco dos Fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de febreiro de 2021, ao longo destas últimas semanas, en varias aulas do noso colexio, levamos a cabo a renovación dalgúns equipos dixitais.
En dito proxecto, iniciamos a substitución de PDI’s por paneis dixitais, contribuíndo deste xeito, non só a renovación tecnolóxica do centro, senón á mellora da eficiencia enerxética e a redución de emisións de CO2, favorecendo o desenvolvemento dos ODS relacionados coa sostenibilidade medioambiental.