O 28 de outubro, como cada ano, celebramos no colexio o Día Montagne. Marcelino viviu a carón do mozo Montagne unha experiencia que outros calificarían de traumática pero que el soubo transformar nunha experiencia de vida ao servizo dos demais, sobre todo ao carón dos mais necesitados. Foi aquel episodio o que o moveu a fundar a congregación de Irmans Maristas. Mais de 200 anos despois, o seu legado segue vivo nos centros Maristas de todo o mundo, incluido o noso.