A “experiencia Montagne” supuxo un cambio no proxecto de vida do noso fundador, Marcelino Champagnat. Ao ser consciente da realidade que atravesaban moitos nenos do seu entorno, decidiu fundar os “Irmáns de María” e aportar calidade educativa e acompañamento e ao seu entorno máis próximo.
O seu compromiso e o seu camiño, non exento de dificultades e obstáculos, inspíranos a traballar en prol dunha educación que pon no centro aos nosos nenos e nenas, aos nosos mozos e mozas, unha educación integral e cristiá en pleno século XXI.
Este xoves, 28 de outubro, recordaremos este episodio tan importante para nós cunha celebración no patio á que asistirá o alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria. O alumnado de 4º, 5º, 6º de Primaria e ESO vivirá a celebración en formato online desde as súas aulas.