San Marcelino Champagnat, Pai marista, fundador do Instituto dos Irmáns Maristas, apaixónase por Deus e entrégase con entusiasmo a favor dos nenos e novos, especialmente dos máis necesitados. Unha comunidade internacional de irmáns e laicos continúa hoxe en día o seu soño. Marcelino, cando ve a nenos e mozos sen educación nin catecismo, exclama: “Necesitamos irmáns”. O 2 de xaneiro de 1817 inicia con dous mozos o proxecto do Instituto dos «hermanitos de María».
Marcelino faleceu un día 6 de xuño hai 181 anos e o noso colexio vivirá esta semana dun modo especial recordando a súa figura.