Porque a paz segue a ser unha materia pendente, un ano máis, toda a comunidade educativa conmemourou esta efeméride cunha celebración conxunta o pasado martes 30 de febreiro. Nun acto a través da megafonía do colexio, houbo mensaxes de compromiso por parte de cada unha das clases, lectura dun manifesto e colocación de símbolos nos corredores.
Nos días previos á celebración, as titorías de todos os cursos adicáronse a deseñar «Bandeiras de Paz», unha iniciativa promovida por UNICEF. Buscáronse así espazos, grupos e momentos de paz dentro da nosa escola, reflexándose en símbolos para decorar clases e corredores. A maqueta do edificio, realizada a escala polo alumnado de 4º ESO acabou convertida nunha «escola de paz».
Preténdese, desta maneira, lembrar que a Paz significa moito máis que a ausencia de guerras, é un concepto moito máis cercano que ten que ver con todo o que se fai no día a día para previr calquera tipo de violencia e facer do colexio un lugar seguro, un lugar de paz.