O venres 14 de maio celebraremos no noso colexio o Día da Cultura Galega, para conmemorar dúas festas moi importantes para a nosa identidade, a Festa dos Maios e das Letras Galegas.
Durante toda a mañá os alumnos voluntarios de 4º E.S.O prepararán as diferentes actividades no patio e guiarán ao resto do centro a través dun festival cheo de cancións tradicionais, bailes galegos e maios viventes.
Os máis pequenos do colexio terán a posibilidade de presenciar en directo o acto e de aportar as súas flores e colocalas nos maios para que vaian así espertando á primavera e despedindo ao inverno. O resto dos cursos poderá gozalo dende as aulas en streaming para cumprir así as recomendacións sanitarias necesarias.
A xornada rematará nas clases con traballos e xogos que servirán para achegarnos á figura de Xela Arias e aos Maios dunha maneira lúdica e diferente.