No noso cole xa é unha tradición celebrar o Día da Cultura Galega, no que facemos oco para As Letras e para Os Maios.
Este venres 13 de maio, grandes e pequenos cantaremos, bailaremos, contaremos un conto, espertaremos o maio, e como non, coñeceremos á figura de Florencio Delgado, escritor homenaxeado nestas Letras Galegas do 2022. Aproveitaremos tamén para inaugurar “O mes do galego”, proxecto co que tratamos de dar continuidade a “21 días co galego” que o ano pasado tivo tanto éxito ao poñer en valor a nosa cultura e a nosa lingua.