Que son as destrezas de pensamento?
"A intelixencia non só consiste no coñecemento, senón tamén na destreza de aplicar o coñecemento na práctica"
Aristóteles
Trátase de habilidades e procesos mentais que permiten desenvolver a capacidade para observar, analizar, reflexionar e sintetizar.
Por que as empregamos?
- Facilitan a comprensión e a organización da información; implican un pensamento crítico e estimulan a creatividade.
- Permiten que o pensamento se faga visible, que todos o vexan, o aprecien e poidan desenvolver as súas capacidades.
- O alumnado faise máis reflexivo e aprende a ter en conta diferentes puntos de vista.
Nas destrezas de pensamento emprégase un mapa de pensamento coas preguntas guía que axudan a dirixir o proceso. Facilítase ao alumnado un esquema visual ou organizador gráfico onde se recollen e confrontan as ideas e as conclusión. Ten un papel moi importante a metacognición pola reflexión sobre o propio proceso de aprendizaxe que permitirá aplicalo noutras situacións.
Para que?
O obxectivo é que os alumnos e alumnas sexan quen de resolver problemas dun xeito eficaz e autónomo, de considerar alternativas e de tomar decisións meditadas e responsables. Tamén permiten afianzar coñecementos, afondar nos mesmos e facelos máis precisos.
Organizador gráfico da destreza de pensamento "Comparar e contrastar"
Para saber máis:
https://es.slideshare.net/carmengf/introduccion-a-las-destrezas-de-pensamiento