O 20 de novembro de 1989, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas, aprobou a Convención sobre os Dereitos do Neno; ratificada por 193 países. Desde entón, este día convertiuse en momento para lembrar, conmemorar e seguir defendendo os dereitos da infancia.
A Provincia Marista Compostela celebra este día con distintos actos en todos os rincóns, colexios e obras para seguir traballando por «un mundo apropiado para os nenos e as nenas», como dicía a Declaración Mundial da Asamblea Xeral das Nacións Unidas sobre a infancia en 2022. Queremos un mundo que sexa unha casa común na que todos os nenos e nenas poidan gozar de todos os seus dereitos.
Coñecer e desenvolver os dereitos non é cousa dun día, senon un traballo que nos acompañe ao longo de todo o curso e que este ano queremos compartir con todo o mundo a través dos nosos nenos e nenas. Desde hoxe, cada luns, serán eles quen den voz aos dereitos da infancia nas nosas redes sociais. Seguídenos coas etiquetas: #marists4childrenrights #ChildRights_Maristas #CONTIGOinfancia