Traballo cooperativo

“Los alumnos que no compiten tienen una mejor salud mental” (David Johnson)

O traballo cooperativo baséase na interacción entre as persoas, na colaboración, responsabilidade individual á hora de aportar ao grupo, responsabilidade grupal á hora de planificar e enfrontarse a una tarefa que precisa das achegas de todos/as, traballar as habilidades sociais ao tempo que se desenvolven contidos curriculares…

O traballo cooperativo axuda a unha mellor convivencia, a acadar aprendizaxes con maior profundidade e a traballar pensamentos de alta complexidade, sempre coa colaboración dos membros do grupo para asumir retos colectivos partindo da responsabilidade individual.

 

Elementos do cooperativo:

  1. Agrupamentos heteroxéneos. 

  2. Interdependencia positiva. 

  3. Responsabilidade individual. 

  4. Igualdade de oportunidades para o éxito. 

  5. Interacción promotora. 

  6. Procesamento cognitivo da información. 

  7. Utilización de habilidades cooperativas. 

  8. Avaliación grupal.

 


Por que?

  • Porque a cooperación é necesaria para una sociedade máis xusta.
  • Porque axudando e explicando a outras persoas, todos/as aprendemos máis (taxonomía de Bloom).
  • Porque o noso proxecto educativo de centro inclúe a educación en habilidades sociais, fundamentais para a vida.
  • Porque cremos no poder da unión entre as persoas. Colaborar enriquece.
  • Porque a aprendizaxe comeza coa emoción, e xuntos/as sentímonos mellor, xa que somos parte dun grupo.


Para que?

  • Para traballar as habilidades sociais xunto cos contidos das materias
  • Para aprender a escoitar de forma activa
  • Para aprender a compartir
  • Para ser quen de expresar ideas e que as entendan outras persoas
  • Para adquirir autonomía e responsabilidade individual e grupal
  • Para aprender a organizar o traballo
  • Para cumprir a tríada cooperativa, que nos será moi útil na nosa vida: interdependencia positiva, participación equitativa e responsabilidade individual


Para saber máis…

 

  

  

Categoría: