Torneo Escolar de Debate: Campaña "Yo soy uno"

Os alumnos que participan na fase de clasificación do Torneo Escolar de Debate Nacional solicitan a nosa colaboración. Trátase de acceder ó enlace de youtube que poñemos a continuación, darlle a “me gusta” e facer un comentario (agardamos que positivo ou de ánimo).

A puntuación nesta segunda proba consíguena de dúas formas: a metade dos puntos proceden da valoracións dos xuíces e, a outra metade, da capacidade de mover a masa social. Para obter a máxima puntuación no segundo apartado necesitan como mínimo 1000 likes (me gusta) e 250 comentarios; pero cantos máis teñan,  mellor.

Non esquezades compartir cos coñecidos. 

Para poder colaborar hai que ter conta de gmail, á cal está asociada a Youtube. Non se pode facer de maneira anónima.

Temos de prazo ata o xoves.

https://www.youtube.com/watch?v=wGU66YCZnV0

 

Grazas pola vosa colaboración e recordade: TODOS somos UNO.

 

Categoría: