Rutinas de pensamento

“La verdadera educación no sólo consiste en enseñar a pensar, sino también en aprender a pensar sobre lo que se piensa y este momento reflexivo (el que con mayor nitidez marca nuestro salto evolutivo respecto a otras especies), exige constatar nuestra pertenencia a una comunidad de criaturas pensantes”.

Fernando Savater

 

 

As rutinas de pensamento consisten en preguntas ou afirmacións abertas que xeneran diferentes formas de pensamento nos estudantes e facilitan a compresión e a aprendizaxe na aula. Ron Richhart, Mark Church e Karin Morrinson, colegas de Gardner en Proyecto ZERO, no seu libro MAKING THINKING VISIBLE, clasifícanas en torno aos procesos claves no desenvolvemento e aprendizaxe dun tema na clase:  

- Rutinas para introducir e explorar ideas.

- Rutinas para sintetizar e organizar ideas.

- Rutinas para profundizar nas ideas.   

 Por que? 

Porque é necesario aprender a organizar o noso pensamento para chegar a elaborar ideas complexas partindo da observación e a interpretación do que nos rodea. 

Porque así analizamos e aplicamos, fixámonos nos detalles do que vemos e do que escoitamos e integrámos a información no noso pensamento para establecer a base do coñecemento.

Aprendemos a pensar. Organizamos as ideas. Sacamos información do que observamos, vemos, lemos ou escoitamos.

Para que? 

Para xestionar o pensamento deseñando modelos de conduta que permiten utilizar a mente para razoar e reflexionar. Diriximos o noso pensamento orientándoo para conseguir un resultado concreto. 

Para…

  • Razoar con evidencia: Por que pensas así?
  • Facer conexións: Como concorda co que xa coñeces?
  • Descubrir o complexo: Que hai debaixo da superficie?
  • Considerar diferentes puntos de vista: Podes velo desde outro ángulo?
  • Preguntar: Que che causa curiosidade?
  • Describir o que hai: Que observas e advirtes?
  • Captar a esencia e sacar conclusións: Que hai no núcleo ou centro disto?
  • Construír explicacións: Que está ocorrendo realmente?

 Para saber máis…  

http://formacion.intef.es/pluginfile.php/85206/mod_imscp/content/2/Promover_el_pensamiento_en_el_aula.pdf 

https://es.slideshare.net/Clamata/rutinas-de-pensamiento-13500935