RECREOS ALTERNATIVOS NA ESO - O NADAL

Xa están aquí os recreos alternativos para preparar o Nadal!

Despois do Samaín, agora queremos prepararnos para recibir o Nadal como merece. Por iso, ofrecemos ao alumnado da ESO a posibilidade de utilizar o recreo do luns para preparar adornos de Nadal na aula de plástica coa profesora Ruth e os martes, preparación de cantigas tradicionais de Reis e Nadal con percusión tradicional (pandeireta, pandeira, pandeiro, almirez, cunchas...).

Se vos presta, podedes apuntarvos no listado que puxemos nunha das columnas do patio.

Comezamos o día 11 e rematamos en decembro.

Animádevos! 

Categoría: